miércoles, 17 de junio de 2020

Boas vacacións!


Ola a todos/as, chegamos ao final deste curso tan “raro” que nos tocou vivir.

Deséxovos a todos/as un verán estupendo no que poidades disfrutrar xuntos, pasalo xenial e compartir un montón de momentos divertidos sen esquecer as recomendacións sanitarias.

Déixovos unhas ideas para pasar o tempo e non esquecer moitas cousas que xa traballamos ao longo do curso.

Foi un pracer poder pasar este ano ao voso lado!

Un abrazo para todos/as


miércoles, 10 de junio de 2020

Semana do 8 ao 14 de xuño

Ola a tod@s! esta semana propóñovos as seguintes actividades: 
 
1: TRABALLAMOS O TACTO E AS SENSACIÓNS

Para traballar un pouquiño a estimulación sensorial podemos utilizar unha bandexa á que vamos añadir espuma de afeitar, unhas gotas de colorante (opcional) e obxectos como macarróns, lentellas, xoguetes pequeniños que teñades pola casa, pajitas de colores cortadas en cachiños pequenos, pelotiñas, botóns ou tapas de botellas nas que podemos escribir números.

O obxectivo é que os/as nenos/as metan as mans na espuma e experimenten as diferentes sensacións que provoca ir atopando os diferentes elementos que metemos. Ademais, podemos completar a actividade pedíndolle que busquen unha cousa determinada (por exemplo se metemos pajitas, pedirlle que busquen unha dunha cor en concreto ou se metemos tapas de botellas que atopen a que ten o número 1...) Animádevos! 

                2: XOGAMOS COS NÚMEROS
Déixovos un enlace dunha actividade interactiva na que os/as nenos/as poden traballar os números así como a asociación á cantidade:

Fonte da imaxe: http://www.arasaac.org/ficha.php?id=34771&id_palabra=1360



3: FACEMOS UN ARCO IRIS?

Vamos facer un arco iris dunha forma moi divertida, para facelo só necesitamos un anaco de papel de cociña, rotuladores de cores e dous vasos con auga.

Déixovos un vídeo onde podedes ver os pasos para facelo e o resultado final:
Fonte da imaxe: http://www.arasaac.org/ficha.php?id=2986&id_palabra=5877

 4: CLASIFICAMOS AS EMOCIÓNS
Unha vez máis, vamos volver a traballar as emocións. Neste caso o que vos propoño é clasificar diferentes caras nas que se representan as emocións traballadas (enfado, alegría, medo e tristeza).

 
Fonte do material: https://elsonidodelahierbaelcrecer.blogspot.com/2016/07/ordena-contentos-tristes-enfadados-y.html?m=1