miércoles, 3 de junio de 2020

Semana do 1 ao 7 de xuño

Ola a todos e a todas, preparados para traballar un pouquiño? Si? pois alá vamos:

ACTIVIDADE 1: Á BUSCA DA CULLER
Propóñovos unha actividade para traballar a atención e á vez a motricidade fina. Consiste en coller culleres de diferentes tamaños e formas que teñades pola casa e facer a silueta enriba dun folio ou dun cartón. Se teñen debuxos ou relevo tamén llo podemos debuxar na silueta.

Unha vez que teñades as siluetas feitas sacades as culleres, mesturádelas ben ben e despois temos que atopar a silueta que lle pertence a cada unha!
Fonte da imaxe: http://www.arasaac.org/ficha.php?id=2362&id_palabra=804



ACTIVIDADE 2: XOGAMOS COS NÚMEROS?

Como fixemos outras veces, vamos practicar os números e a súa cantidade. Para isto, vamos botar man de cousas que teñamos pola casa (xoguetes, lentellas, zapatos, calcetíns, cubertos...) e duns anacos de papel onde os/as nenos/as teñen que escribir os números do 1 ao 5. Unha vez temos os papeis cos números e as cousas que vamos a utilizar poñemos os números en orde e debaixo vamos colocando tantos elementos como nos indique o número.


 ACTIVIDADE 3: HORA DO CONTO!

Déixovos un enlace ao conto Chocolata escrito polas autoras Marisa Núñez e Helga Bansch da editorial OQO que neste caso está adaptado con pictogramas de ARASAAC para que non vos perdades detalle da aventura tan divertida de Chocolata, agardo que vos guste!
 



  ACTIVIDADE 4: A METADE DAS EMOCIÓNS
Unha semana máis, vamos seguir traballando as emocións e á vez exercitando un pouquiño a atención. Neste caso vouvos a propoñer que fagades 4 círculos nun papel.

Unha vez debuxados, temos que recortalos e debuxar en cada un deles unha cara triste, contenta, asustada e enfadada. Cando teñamos as nosas caras coas emocións, recortámolos pola metade, mesturamos moito e ben todas as partes e agora a nosa misión é xuntar as dúas metades das caras e dicir o nome da emoción que expresa! 

No hay comentarios:

Publicar un comentario