miércoles, 29 de abril de 2020

Semana do 27 de abril ao 3 de maio

Ola a todo@s! espero que sigades ben e con moitas ganas de facer cousas e divertirvos, para esta semana propóñovos...
 
ACTIVIDADE 1: REPASAMOS!
Vamos repasar algúns conceptos básicos: fóra-dentro, moito-pouco e grande-pequeno.

Para isto, déixovos unha presentación na que os/as nenos/as teñen que rodear co dedo na pantalla do ordenador ou tablet (non fai falta imprimir as imaxes) o que se lle vai pedindo en cada páxina e así traballar os conceptos propostos:
Fonte da imaxe: http://www.arasaac.org/ficha.php?id=27367&id_palabra=12958


ACTIVIDADE 2: SOMOS UN PUZZLE
Para traballar o noso corpo vamos a debuxarnos a nós mesmos nun folio. É importante que o debuxo sea GRANDE e se queremos podemos mirarnos no espello para que non nos quede ningunha parte do corpo sen debuxar.

Unha vez debuxados e pintado o debuxo, vamos recortalo: os brazos e mans, as pernas, a cabeza... Pero ollo, despois temos que volver a xuntar as partes do debuxo como se fose un puzzle!
Fonte da imaxe: http://www.arasaac.org/ficha.php?id=2540&id_palabra=2616


ACTIVIDADE 3: QUE EMOCIÓN HAI NO TAPÓN?
Para realizar este xogo necesitamos catro tapóns e un debuxo dun neno ou dunha nena (podemos debuxarnos a nos, aos papás, ás mamás...). Unha vez que teñamos o debuxo feito e coloreado, debuxamos nos tapóns as 4 emocións que traballamos hai algunhas semanas: alegría, tristeza, enfado e medo.

Despois, vamos a poñerlle na cara do debuxo os tapóns  para que o resto adiviñe que emoción é, imitámola, podemos falar dalgunha situación na que sentimos esa emoción...

ACTIVIDADE 4: SAÍMOS Á RÚA!
Dado que dende o domingo, os/as nenos/as podedes saír á rúa, esta semana déixovos un conto que vos pode axudar a explicarlle e a recordarlle aos pequenos que poden e non poden facer na rúa:
 
Fonte da imaxe: http://www.arasaac.org/ficha.php?id=28689&id_palabra=21

miércoles, 22 de abril de 2020

Semana do 20 ao 26 de abril

Ola! espero que sigades ben e con moitas ganas de traballar, para esta semana déixovos as seguintes actividades, animádevos a facelas: son moi sinxelas pero á vez moi divertidas, agardo que vos gusten: 

ACTIVIDADE 1: TRABALLAMOS A ATENCIÓN
Á vez que exercitamos un pouco a atención, vamos traballar o vocabulario dos animais. Déixovos un enlace a unha presentación onde van ir aparecendo unhas sombras de animais que os nenos deben ir asociando ás correspondentes imaxes. É importante que cada vez que asocien a sombra á imaxe en cor do animal digan en alto o nome! A xogar!
 Fonte da imaxe: http://www.arasaac.org/ficha.php?id=6901&id_palabra=238

ACTIVIDADE 2: QUE ANIMAL FALTA?
Seguimos co tema dos animais, agora temos que atopar que animal falta na fila de abaixo para que haxa os mesmos animais que na fila de arriba.
Para que nos sexa máis fácil, primeiro dicimos o nome dos animais que hai na fila de arriba e despois os que hai na fila de abaixo e por suposto o do animal que falta!
Fonte da imaxe:http://www.arasaac.org/ficha.php?id=3418&id_palabra=15324

ACTIVIDADE 3: MANS Á OBRA!
Para traballar un pouco a motricidade propóñovos unha actividade moi sinxela coa que podemos facer colares ou pulseiras empregando unicamente un fío algo groso (tipo lá) e palliñas.

Para facelo primeiro temos que cortar cachos de palliñas de diferentes cores e despois ir meténdoos un a un no fío para así conseguir un colar ou unha pulseira.

 







Fontes das imaxes:  
https://4.bp.blogspot.com/-JDifdBZQnZM/Utq2gyEnMPI/AAAAAAAAC9E/JA_5t7dVbqU/s1600/Pulsera+con+pajitas.jpg
https://lh3.googleusercontent.com/-yjP4Y_vOtw0/WFF3ut4s0CI/AAAAAAAAEIc/mhErzafm67Y/s2048/Photo%25252020161214174617904.jpg

ACTIVIDADE 4: FACEMOS SOMBRAS CON FARIÑA
Para realizar esta actividade precisamos catro cousas: unha superficie lisa de cor (pode ser un folio, un mantel, unha cartulina...), uns xoguetes que se poidan manchar e despois lavar: poden ser animais, bonecas pequenas, pezas de construción de diferentes formas..., fariña (ou se preferides area) e un coador.

Poñemos os xoguetes elixidos enriba da superficie e espolvoreamos por enriba a fariña coa axuda do coador.

Cando rematemos, levantamos con coidado os xoguetes e... Quedan as súas sombras!

Podemos intentar poñer outra vez cada xoguete enriba da súa sombra. 
Déixovos un enlace para que vexades como se fai a actividade e que resultados tan sorprendentes conseguimos: https://www.facebook.com/Elsonidodelahierbaalcrecer/videos/711478349598111/
Fonte da imaxe: http://www.arasaac.org/ficha.php?id=6649&id_palabra=7061
Espero que vos gusten as actividades xa que estou segura de que todas vos van a saír xenial, un saúdo!