miércoles, 27 de mayo de 2020

Semana do 25 ao 31 de maio

Ola a tod@s, esta semana vamos botar man de diferentes cousas que tod@s temos na casa para traballar un pouquiño e facer as seguintes actividades:

1. AGARRA A PINZA 
Para traballar a motricidade fina, vamos facer unha actividade para a que só ides precisar pinzas da roupa e un recipiente (un taper, bol, cesto...). Vamos collendo e contando 5 pinzas e poñémolas enriba dunha superficie.

Cando teñamos as pinzas, collemos unha a unha as pinzas e intentamos enganchalas nos bordes do recipiente. 
Fonte da imaxe: http://www.arasaac.org/zona_descargas/materiales/2628/Cuaderno_motricidad_fina_I.pdf


2. A BUSCA DO CALCETÍN
Para realizar esta actividade na que vamos traballar a atención, vamos a precisar arredor de 4 ou 5 pares diferentes de calcetíns que vamos a botar nunha bañeira.

O obxectivo desta actividade é que os/as nenos/as atopen o antes posible a parella de cada calcetín. Ollo fixámonos ben que os dous calcetíns sexan iguais!

Podemos xogar en familia e comprobar quen é o/a máis rápido/a en emparellar todos os calcetíns da bañeira!
Fonte da imaxe: http://www.arasaac.org/zona_descargas/materiales/2628/Cuaderno_motricidad_fina_I.pdf


3. INVENTAMOS UNHA HISTORIA
Nesta actividades temos que pensar e inventar “cousas diveridas” que poden facer os seguintes elementos xuntos:
Podedes utilizar as imaxes de abaixo ou ben elixir vos os vosos propios elementos.
Por exemplo: coa primeira parella (can e culler) a min ocórrese a seguinte “cousa divertida”: En Rois hai un can que come sopa cunha culler.
Agora é o voso turno!


4. O NOSO MEMORY DAS EMOCIÓNS
Vamos precisar 8 tapas nas que imos debuxar as catro emocións que vimos traballando (alegría, tristeza, medo e enfado). Cando teñamos as nosas oito tapas coas emocións debuxadas, dámoslle a volta e atopar as parellas. A única regra que hai é que cando descubramos unha parella temos que adiviñar a emoción que é!



 ESPERO QUE VOS GUSTEN!