miércoles, 18 de marzo de 2020

Antes de nada... que pasa?


  
http://www.arasaac.org/ficha.php?id=7217&id_palabra=666

Nestes días tan confusos e “raros” os/as nenos/as preguntaranse que está pasando. 
Por iso achégovos un material onde dunha forma sinxela e visual se explica a razón de estar illados na casa:

Que debo facer?


http://www.arasaac.org/ficha.php?id=8975&id_palabra=960

Seguindo as recomendacións sanitarias, é importante que os/as nenos/as asimilen a importancia de lavar as mans a maior cantidade de veces posible.
Así, unha actividade moi sinxela que podedes facer é o “experimento” dos virus onde os nenos poden ver que pasa cando non lavamos e lavamos as mans. 
Para facelo só necesitamos un prato fondo, auga, pementa negra moída e xabón:

Para non perder hábitos de atención e memoria...



http://www.arasaac.org/ficha.php?id=11358&id_palabra=8097

Para traballar a motricidade



http://www.arasaac.org/ficha.php?id=31462&id_palabra=2737

  • Pintamos o arco da vella para pegalo na ventá e de paso traballamos as texturas: http://www.arasaac.org/zona_descargas/materiales/2288/Arco_Iris_Todo_va_a_ir_bien_1.pdf
  • Xogamos a encestar pelotas nunha papeleira
  • Somos equilibristas: intentamos camiñar por unha liña sen caernos, saltamos á pata coxa...
  • Imitamos o movemento dalgún animal para que o resto o adiviñen
  • Facemos boliñas de algodón, plastilina e/ou papel e metémolas unha a unha nunha botella ou por dentro dunha palliña
  • Bailamos
  • Facemos fotos divertidas: saltando, facendo muecas...

Para traballar a linguaxe


http://www.arasaac.org/ficha.php?id=3345&id_palabra=17

* Leemos contos e despois contestamos preguntas sinxelas: como se chama...?,
   que lle pasou a...?, a onde foi...?, etc.

* Cantamos cancións

* Contamos os xoguetes que hai nunha caixa, enriba da mesa...

* Escribimos o noso nome co dedo, no aire, con plastilina...

* Pedimos que nos den ou sinalen un xoguete ou obxecto que comece pola letra...