miércoles, 25 de marzo de 2020

Semana do 23 ao 29 de marzo

ACTIVIDADE 1: TRABALLAMOS OS SENTIDOS
Mentres os/as nenos/as teñen os ollos pechados, poñémoslle nas mans obxectos familiares como unha culler, un peluche, un xoguete, alimentos... para que intenten adiviñar o que é  utilizando sentidos como o tacto, o olfacto, o oído ou o gusto. Tamén podemos facer o mesmo xogo pero para adiviñar que persoa coa que convive é (cos ollos pechados, ten que tocarnos as mans, a cara, o pelo...) e decir o noso nome. 

Fonte da imaxe: http://www.arasaac.org/ficha.php?id=3293&id_palabra=6087


ACTIVIDADE 2: PRACTICAMOS A MOTRICIDADE E AS TEXTURAS

Vamos a pintar dunha forma nova, divertida e moi interesante!. Para facelo só precisamos unha cartulina (se non tedes tamén vale un folio), pegamento, sal e acuarelas. 
O procedemento é sinxelo e explícase moi ben no vídeo que vos deixo no link onde tamén pode verse o efecto de pintar con sal. Animádevos!: https://www.youtube.com/watch?v=uaUtuFvxMZk&t=51s
 Fonte da imaxe: http://www.arasaac.org/ficha.php?id=7207&id_palabra=7


ACTIVIDADE 3: REPASAMOS AS PARTES DO CORPO
Para non esquecernos das partes do corpo, propóñovos cantar e bailar esta canción. Para bailala, hai que ir facendo todos os movementos que se van decindo na letra e que aparecen representados tamén nos pictogramas. 
 Fonte da imaxe: http://www.arasaac.org/ficha.php?id=35747&id_palabra=1166


ACTIVIDADE 4: TRABALLAMOS O VOCABULARIO
Vamos a xogar ao Veo Veo!. Para xogar podemos mirar pola ventá, escoller un unha imaxe da páxina dalgún conto, unha habitación da casa... e intentamos adiviñar o nome da cousa escollida coas pistas que nos van dicindo.
 
Fonte da imaxe:http://www.arasaac.org/ficha.php?id=26150&id_palabra=12439
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario