Espero que vos atopedes ben e que o esteades pasando xenial coas vosas familias! Botámosvos moito de menos, mandámosvos unha aperta ENORME e estamos desexando volver a vervos moi moi pronto...
Como de costume, as actividades - xogos que vos propoño facer para esta semana son:
ACTIVIDADE 1: TRABALLAMOS A MOTRICIDADE
Para comezar, propóñovos que os/as nenos/as debuxen a silueta da súa man nun folio. Unha vez debuxada, pedídelle aos nenos que escriban un número (do 1 ao 5) en cada uña da man e lle asignen unha cor (por exemplo o 1 rojo, o 2 azul, o 3 verde...). A continuación teñen que pintar a uña con ceras, rotuladores ou se vos atrevedes con pintauñas (intentando non saírse!) da cor que se lle asignou.
En segundo lugar podemos poñer a proba a capacidade dos/as nenos para imitar os movementos manuais. Esta actividade pódese facer de dúas formas: podedes poñervos diante deles e pedirlles que imiten os movementos que ides facendo vós coas mans (intentade facer movementos máis simples ao principio e ir aumentando a complexidade de forma progresiva, como por exemplo saudar, sinalar cun dedo determinado...) ou ben ver o vídeo do link e imitar os movementos que se fan nel: https://www.youtube.com/watch?v=L4FL6n4xovg
ACTIVIDADE 2: ATENCIÓN, NÚMEROS E LETRAS
Vamos a traballar un pouco a atención á vez que repasamos os números e as letras. Para iso, propóñovos:
- Unha ficha do número 1 na que debemos repasar o número 1 e atopalo entre todo o "lío" de números que hai. Ademais, unha vez que atope todos os números 1 tamén podemos pedir que nos diga os números que recoñece e asociar cada un deles a unha cantidade (por exemplo: se recoñece o número 3 pedímoslle que nos dea tres ceras): https://i0.wp.com/www.imageneseducativas.com/wp-content/uploads/2020/03/Cuaderno-para-trabajar-los-n%C3%BAmeros-2.jpg?ssl=1
- Unha ficha das vogais na que debemos colorear cada vogal da cor que se nos indica: https://www.orientacionandujar.es/wp-content/uploads/2020/03/FICHAS-BUSCA-Y-COLOREA-TRABAJAMOS-LAS-VOCALES3.jpeg
- Xogar cos/as nenos/as a asociar as letras identificadas a unha palabra (por exemplo a E de elefante, a A de abella...) e que cada día (de ser posible) os nenos escriban o nome para non esquecerse, podendo facelo de forma clásica (con rotuladores, lapis, ceras) e de formas novas como por exemplo coas pinzas da roupa, con lentellas, macarróns...
NOTA: se non podedes imprimir as fichas, non vos preocupedes, podedes empregar a pantalla do ordenador ou da tablet e pedirlle que vos sinale os números e letras e que as escriban nun folio a parte, o importante é repasar os contidos!
ACTIVIDADE 3: PRACTICAMOS A LINGUAXE
Para facer esta actividade vamos a basearnos no videoclip de "Hakuna matata" do Rei León:
Unha vez visto o vídeo propóñovos:
- Traballar e comprobar a comprensión do visto no vídeo e a atención prestada, formulando preguntas como por exemplo:
- QUE ANIMAL É PUMBA? E SIMBA?
- QUE ANIMAIS CAEN DAS ÁRBORES CANDO PASA PUMBA?
- QUE BEBE PUMBA DO CHARCO?
- QUE COMEN TIMÓN, PUMBA E SIMBA?
- GÚSTANLLE OS BICHOS A SIMBA?
- PODERÍAS DECIR TRES ANIMAIS QUE SAEN NO VÍDEO?
- Para continuar un pouco máis coaa temática dos animais tamén podedes xogar con eles/as a decir nomes de animais e imitar os seus sons e movementos e incluso ver animais en 3D dentro da vosa casa!: https://www.elcorreo.com/tecnologia/internet/animales-3d-google-lista-completa-20200330111604-nt.html
ACTIVIDADE 4: AS EMOCIÓNS
Nestes días, é importante que non nos esquezamos das emocións. Para iso:
- Recordamos cales son as principais emocións e que significan co videoconto "El monstruo de colores": https://www.youtube.com/watch?v=S-PTa20NNrI&t=30s
- Unha vez que recordamos as emocións, intentamos expresar as máis importantes diante dun espello. Para que nos sexa máis fácil podemos axudarnos da seguinte imaxe e fixámonos en como están as caras destes/as nenos/as:
- Podemos facer un "concurso" para que os demais adiviñen a emoción que estamos expresando ou incluso facer fotos expresando as diferentes emocións e despois comparalas!
- Xogamos coas emocións: propóñovos que os/as nenos/as debuxen nun folio uns emoticonos como os que aparecen na imaxe de abaixo. Unha vez debuxados, hai que cortar os emoticonos pola metade de xeito que nunha parte queden os ollos e noutra a boca. Despois mesturamos as partes resultantes e... hai que completar as caras e intentar decir o nome da emoción que representan! Ademais, se queredes facelo aínda máis completo podedes colorear os emoticonos segundo a cor que o Monstro de cores lle da (negro para o medo, azul para a tristeza, amarelo para a alegría e vermello para o enfado).



No hay comentarios:
Publicar un comentario