miércoles, 29 de abril de 2020

Semana do 27 de abril ao 3 de maio

Ola a todo@s! espero que sigades ben e con moitas ganas de facer cousas e divertirvos, para esta semana propóñovos...
 
ACTIVIDADE 1: REPASAMOS!
Vamos repasar algúns conceptos básicos: fóra-dentro, moito-pouco e grande-pequeno.

Para isto, déixovos unha presentación na que os/as nenos/as teñen que rodear co dedo na pantalla do ordenador ou tablet (non fai falta imprimir as imaxes) o que se lle vai pedindo en cada páxina e así traballar os conceptos propostos:
Fonte da imaxe: http://www.arasaac.org/ficha.php?id=27367&id_palabra=12958


ACTIVIDADE 2: SOMOS UN PUZZLE
Para traballar o noso corpo vamos a debuxarnos a nós mesmos nun folio. É importante que o debuxo sea GRANDE e se queremos podemos mirarnos no espello para que non nos quede ningunha parte do corpo sen debuxar.

Unha vez debuxados e pintado o debuxo, vamos recortalo: os brazos e mans, as pernas, a cabeza... Pero ollo, despois temos que volver a xuntar as partes do debuxo como se fose un puzzle!
Fonte da imaxe: http://www.arasaac.org/ficha.php?id=2540&id_palabra=2616


ACTIVIDADE 3: QUE EMOCIÓN HAI NO TAPÓN?
Para realizar este xogo necesitamos catro tapóns e un debuxo dun neno ou dunha nena (podemos debuxarnos a nos, aos papás, ás mamás...). Unha vez que teñamos o debuxo feito e coloreado, debuxamos nos tapóns as 4 emocións que traballamos hai algunhas semanas: alegría, tristeza, enfado e medo.

Despois, vamos a poñerlle na cara do debuxo os tapóns  para que o resto adiviñe que emoción é, imitámola, podemos falar dalgunha situación na que sentimos esa emoción...

ACTIVIDADE 4: SAÍMOS Á RÚA!
Dado que dende o domingo, os/as nenos/as podedes saír á rúa, esta semana déixovos un conto que vos pode axudar a explicarlle e a recordarlle aos pequenos que poden e non poden facer na rúa:
 
Fonte da imaxe: http://www.arasaac.org/ficha.php?id=28689&id_palabra=21

No hay comentarios:

Publicar un comentario