1.BOLSA SENSORIAL
Para facela
precisades: unha bolsa de conxelación, un pouco de xel ou gomina, cousas para meter dentro (botóns,
cachos de pajitas de cores, macarróns, fichas do
parchís, figuras pequenas de animais, tapóns...) e colorante alimentario
(opcional).
Unha
vez que temos a nosa bolsa con todos os materiais dentro e nos aseguramos de
que non ten aire dentro nin fugas, chega a hora de xogar: manipulamos coas mans
a bolsa para ver que sentimos e xogamos a buscar as cousas que metemos dentro o
máis rápido posible.
Tamén vos achego un enlace onde podedes consultar os pasos para realizala:
2.TRASVASAMOS?
O obxectivo é que os/as nenos/as sexan quen de pasar dun recipiente a outro os
elementos elixidos sen que lle caian. Podemos facer esta actividade en
actividades tan sinxelas como facer unha receita de cociña ou ben plantexándolle xogos onde eles teñan que
“repartir a comida para os bonecos”.
Fonte da imaxe: https://elrincondeaprenderblog.files.wordpress.com/2016/02/77df1-nueces.jpg?w=563&h=422
3.VEXO VEXO...
Fonte da imaxe: http://www.arasaac.org/ficha.php?id=26150&id_palabra=12439
4. VAMOS FACER...UNHAS MARACAS!
Necesitamos: unhas botellas de auga vacías, cousas para meterlle dentro como
arroz, lentellas, botóns de diferentes tamaños, contas para facer pulseiras, pedriñas pequenas... E acuarelas e pincel
por se vos animades a decoralas (opcional).
Recoméndovos facer varias maracas
con cousas diferentes dentro (por exemplo unha con arroz, outra con botóns e
outras con pedriñas)
para poder escoitar moitos sons diferentes. Ademais de facer música con
elas tamén podedes xogar a repetir series de sons.
https://i.pinimg.com/600x315/c0/af/2c/c0af2cd337d58080c31d272bbdf50567.jpg
No hay comentarios:
Publicar un comentario