1. E ESA CARA?
Vamos
a facer unhas caras divertidas
que nos permitan traballar as partes do
noso corpo e máis concretamente as da cara! Para isto, primeiro mirámonos no espello e
nomeamos as partes da cara que vemos e fixámonos ben en como son (pelo, ollos,
nariz e boca). Despois, collemos cachiños
de folio e debuxamos neles as partes da cara que vimos no espello (tamén podemos debuxar complementos como
gafas). Podemos debuxar estas partes de persoas, de animais ou
incluso de monstros. Debemos facer varios modelos de cada parte para combinalos
e facer diferentes caras.
Podemos
sacarlle unha foto a cada cara que formemos, poñerlle un nome e escribilo
enriba. Ao rematar de
facer varias combinacións, comparamos e eliximos a máis
graciosa ou a que máis nos guste... Xa
veredes que risa!
2. ATENT@S E A BAILAR!
Vamos
bailar pero á vez vamos exercitar a nosa atención. A
actividade consiste en que elixades unha canción que vos guste (ou varias). O
xogo é moi sinxelo e seguro que o coñecedes: tedes
que poñer a canción elixida e bailar mentres soe a música
pero... cando pare hai que quedarse quietos/as como se fósemos estatuas!
Podedes
facer unha “competición” na que o/a último/a que pare de bailar cando non estea
sonando a música perde e así descubrir quen é o/a que está máis atento/a!
Fonte
da imaxe:http://www.arasaac.org/ficha.php?id=35747&id_palabra=1166
3. NA BUSCA DAS LETRAS PERDIDAS
Vamos
traballar as vocais, a atención e o trazo.
Necesitamos
un folio no que os/as nenos/as deben escribir 3 veces cada vocal (podemos
axudalos ensinándolle unha imaxe de cada letra, escribíndollas nós para que
sigan o modelo ou ben escribirllas nós e que as repasen de cores). O importante
é que se queden co nome das letras e que as fagan ben!
Unha
vez que as escriban pedímoslle que busquen e nos sinalen as tres letras A, E, I, O, U que
escribiu.
Cantas
máis veces o fagamos máis rápido as vai atopar. Probade!
4. E TI QUE SUPERPODER TES?
Tod@s temos un “superpoder” e é importante que os/as nenos/as
valoren positivamente as súas habilidades e sexan conscientes delas para
construír unha autoestima positiva.
Para
isto, vamos dedicar
uns minutos a pensar naquelo que mellor facemos (axudar aos
demais, xogar, debuxar, saltar, correr, cantar...) que é o que vai a ser o noso
“superpoder”.
Cando
o teñamos decidido vamos a debuxarnos a nós mesmos como un superheroe/superheroina (con capa, escudo, antiface... Sen que falte ningún detalle!)
facendo o superpoder que eliximos (se por exemplo se
nos da fenomenal cantar, debuxámonos a nós mesmos como un supereroe cantando).
Fonte
da imaxe:http://www.arasaac.org/ficha.php?id=37113&id_palabra=15938

No hay comentarios:
Publicar un comentario