miércoles, 13 de mayo de 2020

Semana do 11 ao 17 de maio

Benvidos/as, pensando que un día máis é un día menos, cada vez estamos máis preto de chegar á nova normalidade e estou totalmente convencida de que o estades a facer xenial!.
Para pasar uns momentos entretidos e traballar un pouquiño, esta semana propóñovos estas actividades:

 1. LABERINTO MOTRIZ
Esta actividade tan sinxela permítenos traballar a motricidade fina así como a atención.
Precisamos pajitas, pegamento ou celo, unha superficie (podemos empregar unha mesa ou ben un folio ou cartulina) e un elemento para mover polo laberinto (unha canica, unha pelotiña que podemos facer con papel de prata, un tapón ou ben  algún xoguete dos nenos como figuras de animais ou coches).
Primeiro pegamos as pajitas á superficie que eliximos para facer o noso laberinto, sinalamos a saída e a meta e só queda que o/a neno/a vaia movendo a pelotiña ou o xoguete fixándose ben no camiño que ten que seguir para chegar á meta.
Unha vez cheguemos á meta podemos ir cambiando o laberinto e facéndoo máis difícil.


2. A CONTAR!
Facendo esta actividade podemos traballar a identificación dos números así como a asociación ás correspondentes cantidades.
Só vamos precisar tapóns e uns rotuladores.
Escribimos nunhas tapas os números e noutras puntiños para que os/as  nenos/as os conten e os poñan de lado do número que lle corresponde. Podedes empezar cos números ata o 5 ou ben intentar chegar ata o 10!


3. ESTE OLLIÑO PIMPILÍN...
Como esta semana celebramos o DÍA DAS LETRAS GALEGAS, propóñovos un enlace no que se recolle o audio dun recitado tradicional galego que seguramente todos vós coñecedes (este olliño pimpilín) para cantalo cos/as nenos/as.
A medida que o vaiades escoitando guiades as mans dos/as nenos/as para que vaian sinalando ou tocando as partes da cara das que se falan. Podedes facelo varias veces para que o aprendan e sexan quen de facelo eles/as sós
É unha forma lúdica e divertida de traballar as partes da cara, animádevos!


4. CANDO SINTO...?

Despois de tanto tempo “confinados/as” é normal que algunhas emocións se intensifiquen e incluso aparezan en situacións nas que antes non o facían.

Dado que en semanas anteriores viñemos facendo algunhas actividades vinculadas co recoñecemento das emocións básicas que experimentamos a diario como son a alegría, a tristeza, o enfado e o medo, esta semana propóñovos unha actividade moi sinxela para que os/as nenos/as e se queredes vós mesmos vos debuxedes en situacións nas que experimentades cada unha destas emocións.

Sería interesante que vos explicarades mutuamente os debuxos para que vexan que todos experimentamos ditas emocións, que é importante falar das mesmas e intentar chegar a unha solución para resolver as emocións negativas como o medo e o enfado. 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario